Programa de loita

Construamos a oposición obreira

En España, o poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras é hoxe un 4,6% inferior o de 2008. A vivenda absorbe unha parte crecente dos salarios. A carestía da vida non para de subir. As xornadas déixannos devastados física e mentalmente. Privatízanse os servizos públicos. E mentres faltan medios para necesidades básicas ,crece o gasto militar, os ricos cada vez son máis ricos e os Estados prepáranse para ternos o máis controlados se protestamos.

Este sistema, o sistema capitalista levántase sobre a nosa miseria en todo o globo. Tanto é así que millóns de persoas vense forzadas a abandonar os seus fogares, fuxir dos seus países e xogarse a vida para sobrevivir. Fuxen da miseria, das guerras e da devastación ambiental, da barbarie do capitalismo

E que fan os partidos políticos e os gobernos? A gran maioría deles asume este sistema como o único posible. Incluso aqueles partidos reformistas, que din defender os nosos intereses adáptanos, en realidade, ás posibilidades da lei e da economía, que non é mais que adaptalos ás liñas vermellas que impón a gran empresa e a banca.

Por que conformarse con iso se somos a maioría social? Por que aceptar con resignación esta realidade política se somos nos quenes todo o producimos? Fai demasiado tempo que deixamos de confiar nas nosas propias forzas, que cedemos a nosa acción política e que abandonamos a bandeira da loita obreira. Así so somos máis débiles fronte a súa explotación e violencia.

Debemos retomar o noso propio camiño. Debemos volver a loitar, dende cada empresa, fábrica e polígono; dende cada barrio e cidade, dende cada universidade e centro de estudos. Guiados única e exclusivamente polos nosos propios intereses e necesidades, e non polos de quenes se enriquecen a nosa costa.

Por iso este non é un programa electoral. Estas non son unha serie de medidas para aplicar dende as institucións. Este é o programa de loita que o Partido Comunista dos Traballadores de España presenta ante a clase obreira e os sectores populares, un conxunto de reivindicacións definido única e exclusivamente de acordo os nosos intereses, que, á vez que mellore as nosas condicións de vida e traballo, debilite os poderosos.

Un programa de loita que guíe a construción dunha oposición obreira fronte aos capitalistas e aos seus gobernos. Porque os dereitos conquístanse, deféndense e amplíanse mediante a organización.

LOITAR POLO TRABALLO, O SALARIO E O TEMPO DE VIDA

Para a maioría da clase traballadora, o salario é a principal fonte de ingresos. E hoxe xa non alcanza: os prezos da cesta da compra suben, como sube o coste da vivenda ou da luz. Para cada vez máis persoas, ter emprego non garante nin sequera uns mínimos vitais.

A súa vez a flexibilidade que tanto se promove, non é máis que unha trampa para colarnos o traballo temporal, a subcontratación, a facilidade no despido; da mesma forma que os avances tecnolóxicos non se traducen nunha redución de tempo de traballo, senón en maior control sobre as nosas vidas. Chegou o momento de que a clase traballadora poña pé en parede e que nos fagamos de novo fortes dende os nosos comités, seccións sindicais e asembleas.

Eixos de Loita

  • Salarios

    Salarios por riba dos prezos. Cláusula de revisión automático de acordo ao IPC real, sen topes e con efectos dende o 1 de xaneiro. Recuperación do poder adquisitivo dende 2021. Subidas lineais, cos mesmos euros para tódalas categorías, para non ensanchar a distancia entre os que máis e os que menos cobran.

  • Xornada laboral

    Xornadas de 35 horas semanais xa, sen redución salarial, como paso cara as 30. Tope de 1540 horas anuais de traballo efectivo. Rexistro horario controlado pola representación dos traballadores e prohibición da bolsa de horas e da distribución irregular da xornada. A redución non poderá compensarse con menos cadros de persoal, ritmos mais intensos ,horas extraordinarias ou maior dispoñibilidade.

  • Vacacións

    Cinco semanas (25 dias laborais) de vacacións retribuídas. O aumento da produtividade debe traducirse tamén en máis tempo para vivir.

  • Xubilación

    Xubilación ordinaria os 60 anos, con pensión suficiente e sen penalización. En traballos especialmente penosos, perigosos, tóxicos ou insalubres, xubilación os 55 anos.

  • Contratación fixa

    Toda necesidade permanente con emprego permanente: contrato fixo a partir dos 6 meses de contratos encadeados nun período de 12, na mesma empresa ou grupo, sexa cal sexa o posto. Acabar cos falsos autónomos e coas prácticas non laborais que cobren postos de traballo. Prohibición das ETT.

  • Subcontratación

    Mesmo traballo, mesmo salario e mesmos dereitos. A subcontratación non pode utilizarse para rebaixar salarios e condicións. As actividades estruturais intégranse no cadro de persoal principal; mentres tanto, mesmas condicións que na principal.

  • Readmisión

    Readmisión obrigatoria , a elección do traballadora ante despido inxustificado.

  • Despidos colectivos

    Prohibición dos despidos colectivos en empresas con beneficios ou que repartan dividendos. Autorización administrativa previa para calquera despido colectivo con informe vinculante da representación dos traballadores e apertura completa das contas do grupo. Indemnizacións que disuadan de despedir.

  • Saúde laboral

    A saúde por riba do beneficio. Os cadros de persoal deben poder paralizar de forma efectiva os traballos ante riscos graves e negarse a cumprir ordes que poñan en risco a súa vida.

MÁIS MECANISMOS DE CONTROL OBREIRO NA PRODUCIÓN

Quenes traballamos coñecemos o funcionamento real das empresas, pero as decisións fundamentais tómanse sen contra connosco. A propiedade decide inversións, peches, deslocalizacións ou automatizacións, aínda que as súas consecuencias recaian sobre cadros de persoal e territorios enteiros. Defendelas nosas conquistas e dereitos pasa tamén por instaurar mecanismos estables de control sobre a patronal.

Hoxe, ademais, fálase moito de reindustrializar, de «autonomía estratéxica» e de planificación. Pero a política industrial que se impulsa dende Bruxelas e Madrid responde aos intereses da economía de guerra e o beneficio privado, non ás nosas necesidades. Que unha empresa sexa pública non basta: unha empresa estatal pode despedir, externalizar e precarizar como calquera outra. O decisivo é para que produce e quen controla o que se produce.

Por iso todas as propostas deste bloque van na mesma dirección: arrancar información e convertela en control, exercido pola organización unitaria, sindical e de base da clase obreira e no seu propio beneficio. Isto pasa tamén por que sectores esenciais como a enerxía, o transporte ou as telecomunicacións deixen de estar sometidos aos intereses de grandes grupos privados.

Eixos de loita

  • Contas abertas

    Abrir as contas. Os representantes dos traballadores deben ter acceso efectivo a beneficios, dividendos inversións, débeda, axudas públicas e operacións dentro dos grupos empresariais.

  • Información e veto

    Dereito de información previa e veto suspensivo da representación dos traballadores ante contratacións externas, externalizacións, cambios de horarios, quendas e ritmos, reorganizacións e sistemas algorítmicos de organización do traballo.

  • Peches e deslocalizacións

    Ningún peche ou deslocalización debe ser unha decisión exclusivamente privada. Ante ameazas ao emprego, apertura completa de contas, estudo obrigatorio de alternativas e devolución de axudas públicas se incumpren compromisos.

  • Intervención de empresas

    Cando unha empresa viable e necesaria vaia a desaparecer exclusivamente por decisión dos seus propietarios, defendemos a intervención e o paso a propiedade estatal baixo mecanismos de control obreiro.

  • Sectores estratéxicos

    Propiedade estatal baixo mecanismos de control obreiro dos sectores estratéxicos, especialmente enerxía, transporte, telecomunicacións e capacidades industriais esenciais.

  • Política industrial

    Desenvolvemento dunha política industrial planificada orientada ás necesidades sociais, con empresas estatais, inversión estable, formación profesional, capacidade científica e tecnolóxica propia e mecanismos democráticos de control e decisión.

  • Novas tecnoloxías

    A introdución de novas tecnoloxías debe negociarse cos traballadores. Se unha máquina permite producir o mesmo en menos tempo o resultado debe ser menos xornada e non menos emprego.

A VIVENDA NON É UN NEGOCIO

A vivenda é unha necesidade básica, pero se está a converter nunha fonte de rendas e especulación. Unha parte crecente do salario remata en alugueiros e cuotas hipotecarias mentres bancos, fondos e grandes propietarios acumulan vivendas. O problema da vivenda non é un problema aparte: é unha porción do salario que se nos arrebata fora do centro de traballo.

A consecuencia é que persoas con emprega non poidan independizarse, e que perder ingresos poida significar tamén perder a casa. Por iso a loita pola vivenda desenvólvese en dous frontes que deben ir unidos: nos barrios, organizándonos veciños e veciñas, e nos centros de traballo. Hai que levar ata o final a loita pola vivenda e impedir o negocio cunha necesidade tan básica coma ter un teito.

Eixos de loita

  • Desafiuzamentos

    Prohibición efectiva de todo desafiuzamento de fogares traballadores da súa vivenda habitual, sexa cal sexa a causa, o propietario —tamén a Administración— e a situación de quen a habita: con ou sen contrato, en subarrendamento ou sen papeis.

  • Alternativa de vivenda

    No caso de que o propietario necesite a vivenda para vivir nela, a Administración garantirá sempre antes da saída, unha alternativa digna e estable no mesmo barrio.

  • Alugueiro social

    Quen non poida pagar o aluguer non se queda sen casa: se a vivenda é dun banco, fondo ou gran posuidor, alugueiro social obrigatorio de non mais do 15% dos seus ingresos e con contrato indefinido; nos demais casos, a Administración reacollerá ao fogar no parque público, no mesmo barrio e nas mesmas condicións.

  • Subministracións básicas

    Prohibición de calquera corte de auga, electricidade ou calefacción a fogares traballadores.

  • Baixada dos alugueiros

    Baixada inmediata dos alugueiros do 50%, a costa da ganancia dos propietarios e non mediante axudas públicas que rematen no seu peto e fagan medrar os prezos. A partir de aí, prezos máximos ligados aos salarios medios da zona. Contratos indefinidos por defecto.

  • Alugueiro de vivenda habitual

    Todo alugueiro que sexa vivenda habitual, tamén o de tempada e o de habitacións, réxese polas mesmas normas de protección duración e prezo.

  • Vivenda turística

    Limitala vivenda turística a un 0,5% do conxunto de vivendas nunha localidade.

  • Parque público

    Construción dun parque público permanente de vivenda en alugueiro ata alcanzar, polo menos o 10% do total de vivendas, protexido para sempre, mediante promoción directa, fomento do cooperativismo social e a autoconstrución, rehabilitación, adquisición de inmobles e utilización do solo público.

  • Expropiación

    Expropiación sen indemnización das vivendas baleiras e de uso especulativo de bancos, fondos e grandes propietarios para incorporalas ao parque público.

  • Prezo do alugueiro público

    Prezo dos alugueiros públicos establecidos segundo os ingresos dos fogares.

  • Vivenda protexida

    Prohibición de vender ou descualificar calquera vivenda pública ou protexida.

  • Hipotecas

    Ningunha execución hipotecaria da vivenda habitual de fogares traballadores: reestruturación da débeda a cargo da banca, dación en pago cando o fogar o escolla e con dereito a seguir na vivenda en alugueiro social, e cancelación das débedas de quen xa perdeu a súa casa.

DEFENDELOS SERVIZOS PÚBLICOS E A PROTECCIÓN SOCIAL

O salario non remata na nómina, Garantir mínimos vitais dignos depende tamén de dispor de sanidade, educación e protección social sen ter que adquirilas no mercado.

Cando un servizo públicos se deteriora, quen ten diñeiro busca unha alternativa privada e quen non ten que soportar esperas, falta de prazas ou servizos insuficientes. A privatización converte necesidades básicas en oportunidades de negocio a costa das nosas vidas.

Defendelo público non pode ser defender a xestión de quenes o están a desmantelar. A defensa dos servizos esixe a unidade organizada de quenes traballan neles e de quenes os usan.

Eixos de loita

  • Privatizacións

    Non mais privatizacións: derrogación da Lei 15/1997 e prohibición dos novos concertos, concesións e externalizacións en sanidade, educación e servizos sociais.

  • Xestión pública

    Recuperación de servizos externalizados e privatizacións mediante xestión publica directa baixo mecanismos democráticos de control obreiro.

  • Emprego público

    Cadros de persoal suficientes e estables. Tamén nos servizos públicos: necesidade permanente, emprego permanente.

  • Sanidade pública

    Reforzo da sanidade pública, especialmente da atención primaria, atención especializada, saúde mental, saúde bucodental, prevención e investigación. 25% do gasto sanitario para atención primaria.

  • Medicamentos

    Desenvolvemento de capacidades públicas en medicamentos, produtos sanitarios investigación farmacéutica.

  • Educación pública

    Sistema educativo exclusivamente público, de balde, laico e inclusivo en tódalas súas etapas; con centros e cadros de persoal suficientes. Integración dos centros concertados nunha rede publica única . Descenso das ratios.

  • Gratuidade educativa

    A gratuidade debe abarcar tamén os custos que poden impedir estudar: materiais, transporte, comedor ou residencia.

  • Rede de coidados

    Creación dunha rede pública e universal de coidados: escolas infantís axuda a domicilio, centros de día, residencias, dependencia, discapacidade e apoios comunitarios.

  • Coidados públicos

    Xestión pública directa dos coidados fundamentais, con emprego estable, salarios dignos e cadros de persoal suficientes.

  • Pensións

    Ningunha pensión por debaixo do salario mínimo. Revalorización automática co IPC real e recuperación do perdido cando a inflación supere á revalorización.

  • Plans de pensións

    Rexeitamos a súa privatización: fin dos incentivos fiscais aos planes privados e aos fondos de pensións e emprego.

  • Paro e baixa médica

    Prestación por desemprego mentres dure o paro nunca inferior ao salario mínimo. Incapacidade temporal pagada ao 100% do salario dende o primeiro día.

  • Transporte

    Prohibición completa de subcontratas para labores de deseño de infraestruturas e mantemento do transporte.

ASEGURALA CESTA DA COMPRA E OS DEREITOS NO CAMPO

Non existe un único interese «do campo». Non están na mesma situación o xornaleiro, o pequeno produtor que vive do seu traballo e a gran propiedade ou a agroindustria multinacional.

Os pequenos produtores vense obrigados a vender a prezos que non cobren os seus costes mentres os traballadores mercan eses mesmos produtos moito mais caros. Entre ambos, a gran distribución e a agroindustria impoñen as súas condicións. A reacción aproveita esa ruína e a converte en bandeira contra os dereitos dos xornaleiros, contra os migrantes e contra calquera regulación.

A alianza que propomos é a contraria: a de quenes traballan a terra contra quenes a acaparan e especulan co que producimos, cos dereitos dos asalariados do campo no centro.

Eixos de loita

  • Dereitos laborais

    Plenos dereitos laborais e sindicais para os traballadores agrícolas, gandeiros, pesqueiros e da industria alimentaria.

  • Traballadores migrantes

    Mesmos dereitos para traballadores migrantes e nacionais. Ningunha situación administrativa pode utilizarse para pagar menos.

  • Prezos en orixe

    Cumprimento efectivo da prohibición de mercar por debaixo do custe de produción con inspección na que participen as organizacións de pequenos produtores e xornaleiros, publicación de tódalas sancións.

  • Transparencia

    Transparencia sobre custes, contratos e marxes comerciais.

  • Cesta básica

    Prezos máximos de venta para unha cesta de produtos básicos e marxes máximos para a gran distribución e compra de alimentos baixo mecanismos de control democrático.

  • Capacidades públicas

    Bancos públicos de terras e recuperación produtiva de terras abandonadas.

  • Terras

    Acceso colectivo a maquinaria, tecnoloxía, investigación, servizos veterinarios e financiación.

  • Acceso a recursos

    Manter a produción e as capacidades necesarias para garantir un abastecemento alimentario suficiente e a prezos accesibles para o pobo.

  • Abastecemento

    Servizos públicos, transporte, vivenda, conectividade e actividade produtiva que permitan vivir no medio rural cos mesmos dereitos que nas cidades.

  • Medio rural

    Desenvolvemento de capacidades públicas de almacenamento,transformación,transporte, e compra de alimentos baixo mecanismos de control democrático.

DEFENDER A MOCIDADE TRABALLADORA

Os Mozos e mozas incorpóranse o traballo mediante prácticas, temporalidade e baixos salarios e con enormes dificultades para acceder a unha vivenda. Esa precariedade represéntase como unha etapa normal da vida, pero non é unha etapa. É o anticipo do que se quere xeneralizar. A mocidade sofre primeiro o que despois acaba impoñéndose no conxunto dos traballadores.

Non existe unha loita xeracional, é loita de clases. A defensa das condicións de vida e de traballo da mocidade son responsabilidade de toda la clase traballadora.

Eixos de loita

  • Dereitos dende o primeiro día

    Se produces, traballas, se traballas cobras e tes dereitos: toda actividade na empresa, tamén as prácticas, cotiza e xera dereitos dende o primeiro día.

  • Prácticas

    Só prácticas curriculares que non cubran labores esenciais de produción, con titor, límite de horas e un máximo de becarios no cadro de persoal e con compensación non inferior ao salario mínimo en proporción as horas. Prohibición das prácticas extracurriculares.

  • Salarios por idade

    Fin das dobres escalas salariais e de calquera condición peor xustificada pola idade: ningún contrato formativo por debaixo do salario do convenio. Mesmo traballo, mesmo salario teñas a idade que teñas.

  • Vivenda moza

    Reserva dun tercio do parque público de aluguer para mozos traballadores, con aluguer de acordo a ingresos, en lugar de axudas que acaban en mans dos caseiros.

  • Bolsas

    Beca-salario equivalente o salario mínimo para estudantes de familias traballadoras e praza en residencias públicas para quen estude fora da súa localidade.

  • Espazos xuvenís

    Apertura de patios, polideportivos e bibliotecas escolares polas tardes e fines de semana, e un centro xuvenil público en cada barrio.

  • Apostas e xogo

    Prohibición das casas de apostas, o xogo en liña e a súa publicidade.

IGUALDADE REAL PARA AS MULLERES TRABALLADORAS

A igualdade legal non eliminou as desigualdades reais. As mulleres traballadoras seguen concentradas nos empregos peor pagados, nas xornadas parciais e nos traballos de coidados dentro e fora da casa. A maternidade segue penalizando e a falta de ingresos e a vivenda poden impedir romper situacións de dependencia e violencia machista.

Estas desigualdades non son un residuo do pasado; serven, ademais, para abaratar a forza de traballo do conxunto da clase. Por iso a loita pola igualdade real líbrase nos mesmos lugares que tódalas demais: nos convenios que infravaloran os traballos feminizados, nos servizos públicos que deberían socializar os coidados e na vivenda sen a cal non hai independencia posible.

Eixos de loita

  • Igualdade salarial

    Igual salario polo mesmo traballo e traballos de igual valor.

  • Xornada completa

    Dereito a pasar a xornada completa para toda traballadora a tempo parcial que o pida. Mellora de salarios e cadros de persoal en coidados, limpeza, comercio, sanidade, educación e servizos sociais.

  • Despido e maternidade

    Nulidade e readmisión en todo despido ata que o fillo ou filla cumpra 3 anos.

  • Permiso por nacemento

    Permiso por nacemento de 52 semanas, igual, intransferible e retribuído ó 100% que enlace coa praza pública de 0 a 3 anos.

  • Coidados

    Servizos públicos que socialicen os coidados: praza pública 0-3 e fin da lista de espera en dependencia.

  • Violencia machista

    Garantir vivenda, ingresos, emprego e atención sanitaria, psicolóxica e xurídica suficientes ás mulleres que sofren violencia, para que poidan romper a dependencia económica.

  • Dereitos reprodutivos

    Dereitos sexuais e reprodutivos garantidos dentro da sanidade pública: tódalas interrupcións voluntarias do embarazo en hospitais públicos.

  • Prostitución

    Prohibición da prostitución e o proxenetismo, con alternativas materiais para as mulleres prostituídas.

  • Xestación subrogada

    Rexeitamento da xestación subrogada. Persecución das axencias que intermedian dende España.

POLO ACCESO Á CULTURA E A CIENCIA

O progreso non pode medirse so por cuanto produce unha sociedade, senón tamén por cuanto tempo dispoñen ás persoas para ler, estudar, crear, facer deporte e pasar tempo en comunidade. Reducila xornada non ten sentido se o tempo gañado non se pode vivir.

Hoxe o acceso á cultura e ao deporte depende da renda e do barrio, e quenes traballan na cultura e na ciencia sofren unha precariedade crónica. Ao mesmo tempo, a investigación pública oriéntase cada vez mais ás prioridades da competencia entre empresas e bloques, inclusive a industria militar. Defendemos unha cultura e unha ciencia ao servizo das necesidades da maioría, non da rendibilidade nin da guerra.

Eixos de loita

  • Bibliotecas e centros culturais

    Unha biblioteca pública en cadea barrio, aberta polas tardes e os fines de semana, e extensión de centros culturais, escolas artísticas e instalacións deportivas aos barrios obreiros, as vilas e o medio rural.

  • Gratuidade cultural

    Gratuidade de museos e equipamentos públicos, uso de balde das instalacións deportivas públicas para menores e persoas desempregadas, e prezo máximo en toda actividade cultural subvencionada.

  • Traballo cultural

    Convenio e cotización de todo traballo cultural contratado polas administracións, tamén o subcontratado, sen falsos autónomos.

  • Investigación

    Fin dos contratos por proxecto encadeados: prazas estables para o persoal investigador.

  • I+D militar

    Ningún euro de investigación pública para fins militares: os fondos de I+D militar, a saúde, enerxía, alimentación e medio ambiente.

POLA PAZ E O INTERNACIONALISMO

A competencia entre grandes potencias e bloques económicos levan ao rearme e aumenta o risco de novas guerras. A militarización da economía xa non é unha ameaza: é un feito, e pagámola con austeridade, con aumento da represión e da vixilancia e, en último termo, coas nosas vidas.

A nosa clase non necesita escoller entre potencias capitalistas. O diñeiro que hoxe se destina ao rearme é o que falla en vivenda, sanidade ou educación, e os cadros de persoal da industria militar non teñen por que escoller entre o seu emprego e a paz: poden producir o que a sociedade necesita. A nosa clase debe impor a súa propia axenda internacional, unha que non pasa pola guerra senón pola solidariedade dos pobos.

Eixos de loita

  • Rearme

    Non ao rearme: redución do gasto militar e anulación dos Programas Especiais de Modernización. Eses recursos, para vivenda, servizos, emprego e industria civil.

  • Industria militar

    Reconversión da industria militar cara a produción socialmente necesaria, garantindo o emprego dos cadros de persoal.

  • OTAN e UE

    Saída de España da OTAN e da Unión Europea.

  • Tropas no exterior

    Regreso das tropas españolas despregadas en operacións imperialistas.

  • Bases militares

    Ruptura dos acordos que permiten o uso de territorio español por forza militares estranxeiras e recuperación da plena soberanía sobre as bases.

  • Solidariedade internacional

    Solidariedade cos pobos que loitan contra a ocupación, colonialismo e agresións imperialistas.

  • Israel

    Embargo militar total e sen excepcións ao Estado de Israel, e ruptura de relacións diplomáticas, militares e comerciais.

  • Sáhara Occidental

    Recoñecemento da República Árabe Saharaui Democrática e referéndum de autodeterminación libre e vinculante para o pobo saharaui. España, como antiga potencia administradora, debe retirar o seu apoio ao plan de autonomía marroquí e renunciar a calquera acordo con Marrocos a costa do pobo saharaui e os seus recursos.

CONTRA A REACCIÓN E O AUTORITARISMO: DEFENDELAS NOSAS LIBERDADES

Canto mais se deterioran as nosas condicións de vida, mais necesita o capital manternos divididos e calados. Faino por dúas vías que se reforzan entre si. Dende o Estado, con leis que castigan a protesta, sancións que converten un piquete nunha falta grave, policías infiltrados en asembleas e sindicatos e unha vixilancia cada vez maior. E dende a reacción, que aproveita o malestar de quenes se empobrecen para sinalar á persoa migrante, á muller, á comunidade LGTB ou a quen loita, mentres deixa intactos a quenes se enriquecen coa nosa miseria.

Non son fenómenos opostos. As leis represivas mantéñense goberne quen goberne, e quenes desaloxan familia á forza traballan para os mesmos propietarios que están protexidos pola lei. Por iso non confiamos a defensa das nosas liberdades a ningún goberno. A resposta á reacción é a organización e a unidade da clase traballadora en cada centro de traballo, cada barrio e cada centro de estudo.

Eixos de loita

  • Lei Mordaza

    Derrogación da Lei de Seguridade Cidadá (tamén chamada Lei Mordaza) e anulación das sancións impostas con ela por participar en folgas e protestas.

  • Lei universitaria

    Derrogación da Lei de Convivencia Universitaria. Ningunha sanción académica por organizar folgas, piquetes ou protestas nos centros de estudo.

  • Desocupación ilegal

    Ilegalización das empresas de desocupación, prohibición de contratalas e persecución penal das coaccións e dos desaloxos ilegais que practican.

  • Impunidade policial

    Fin da impunidade policial: prohibición das pelotas de goma, prohibición do uso de vehículos blindados («tanquetas») e de material militar no control de folgas, piquetes e manifestacións, e investigación independente das actuacións policiais.

  • CIE e regularización

    Peche dos CIE e fin das identificacións por perfil étnico e as devolucións en quente. Mecanismo permanente de regularización para todas as persoas traballadoras sen papeis.

  • Fascismo e franquismo

    Ilegalización das organizacións fascistas e franquistas e disolución das fundacións que enaltecen á ditadura: nin un espazo nin un euro público para elas. Rexeitamento de calquera lei que equipare o fascismo co comunismo.

  • Delitos de opinión

    Derrogación dos delitos de opinión que protexen ao poder: inxurias á Coroa e ás institucións e aldraxes a símbolos.

  • Persoas LGTB

    Protección das persoas LGTB fronte ao despido, o acoso laboral, a discriminación no acceso á vivenda e as agresións de todo tipo de empresas, tamén nas de menos de 50 traballadores. Resposta organizada en barrios e centros de traballo ante calquera agresión.

AUMENTALOS NOSOS DEREITOS POLÍTICOS E SINDICAIS

Todas as cuestións anteriores levan a unha mesma conclusión: é necesaria a organización, mais organización, toda a organización posible. A liberdade para asociarse, sen embargo, segue atopando hoxe múltiples obstáculos, moi especialmente dentro dos centros de traballo. Fronte ao poder organizado do Estado e da patronal, un traballador illado é moi débil, pero a organización colectiva cambia esa relación.

Eixos de loita

  • Representación

    Dereito a escoller representante, tamén nas empresas de menos de seis traballadores mediante delegados territoriais ou sectoriais escollidos polos cadros de persoal.

  • Dereito de asemblea

    Dereito a asemblea en horario de traballo: polo menos 10 horas retribuídas ao ano.

  • Despido sindical

    Nulidade e readmisión obrigatoria en todo despido ou sanción por actividade sindical. Protección fronte ao despido para quenes promoven asembleas, candidaturas ou seccións sindicais dende o primeiro momento.

  • Servizos mínimos

    Limitar de raíz os servizos mínimos abusivos e a ampliación do que se declara servizo esencial.

  • Unidade obreira

    Unidade dos traballadores fronte a calquera intento de dividilos por orixe, sexo, orientación sexual ou identidade, idade, tipo de contrato ou empresa. Combate do racismo e da xenofobia dende a igualdade de dereitos e da defensa de intereses comúns.

  • Consultas vinculantes

    Asembleas e consultas vinculantes aos cadros de persoal antes de firmar convenios, ERE ou calquera acordo que afecta as súas condicións.

  • Rendición de contas

    Rendición periódica de contas dos representantes ante a asemblea de traballadores do centro.

CADA LOITA DEBE DEIXAR MÁIS ORGANIZACIÓN

Queremos conquistar melloras reais aquí e agora. Pero ningunha destas reivindicacións vainos ser concedida dende arriba, e ningunha está garantida para sempre: o que se conquista sen organización se perde cando cambia a correlación de forzas ou o goberno de quendas.

Por iso este programa diríxese á clase traballadora e as súas organizacións. É un programa que busca unificar distintas loitas nun único combate xeral contra as distintas formas de violencia do capitalismo. Que busca superar a fragmentación e o illamento, o corporativismo e a división.

Un programa que axude a estender a organización, a construír unha oposición obreira fronte ao capital e os seus gobernos, fronte á austeridade, a guerra e a reacción. Unha oposición obreira que non é unha nova fórmula de oposición parlamentaria nin unha alternativa electoral dentro dos límites do capitalismo. É a clase traballadora organizada de forma independente, capaz de defendelos seus intereses goberne quen goberne e sexan cales sexan as condicións.

O seu núcleo está nos centros de traballo, onde tamén está o núcleo da explotación. En cada empresa, a oposición obreira constrúese coa asemblea como órgano de decisión, con seccións sindicais combativas e co protagonismo dos propios cadros de persoal, por enriba das diferenzas de sindicato, contrato ou categoría. Cada reivindicación pode converterse alí nunha plataforma concreta: na negociación dun convenio, fronte a un despido colectivo, ante unha externmalización ou un cambio de quendas.

Pero a vida da clase traballadora non remata na saída do traballo. A mesma persoa que se enfronta a súa empresa paga un alugueiro, espera cita no centro de saúde ou busca praza para os seus pais nunha residencia. Por iso a oposición obreira esténdese aos barrios e as vilas: á organización de veciñas e veciños, á defensa dos centros de saúde e as escolas, a centros obreiros e populares que sirvan de punto de encontro e coordinación. E chega aos centros de estudo, ás organizacións de mulleres traballadoras e aos comités pola paz.

Estes espazos non poden quedar illados. Unha folga gaña forza cando é sostida no barrio; unha loita pola vivenda gaña forza cando chega aos centros de traballo. A tarefa é coordinar o que hoxe está disperso: que a asemblea dunha empresa coñeza a loita que ten ao carón, que os comités dun sector se coordinen entre si e co seu territorio, que as reivindicacións parciais conflúan en plataformas comúns. Así, dende cada espazo de vida e de traballo, técese unha rede organizada capaz de actuar coma unha sola forza.

Mais traballadores organizados. Mais seccións sindicais. Mais comités. Mais asembleas. Mais asociacións nos barrios. Mais estruturas de loita pola vivenda e os servizos públicos. Mais centros obreiros e populares. Mais sindicalismo estudantil. Mais organización das mulleres traballadoras e da clase obreira migrante... Mais capacidade para afrontar o seguinte conflito. Mais capacidade para que cada loita, que cada reivindicación, desemboque en mais forza ata que esteamos en disposición de acabar con este sistema.

Este programa non é un cambio gradual cara outra sociedade nin unha suma de reformas que acabe transformando o capitalismo dende dentro. Baixo o dominio do capital, as nosas necesidades so poden satisfacerse de forma parcial e temporal. Este é o seu límite. Pero se cada loita nos fai mais fortes, tamén pode debilitar mais ao inimigo. Se cada loita pode estender a organización, tamén pode interromper e abrir brechas no funcionamento normal da súa sociedade.

O que hoxe parece inmóbil pode cambiar en cuestión de días. Cando o poder capitalista se debilite e a conciencia e organización da clase medren, o desenlace dependerá do grado de preparación acumulada. Esa é a perspectiva estratéxica deste programa: que a clase obreira esté en condicións de disputar o poder á burguesía, tomalo e construír o socialismo-comunismo. Unha sociedade na que os medios de produción sexan propiedade social, a economía se planifique democraticamente para satisfacer as necesidades da maioría e na que os traballadores e traballadoras decidámolo todo. Unha sociedade na que o libre desenvolvemento de cada quen sexa a condición do libre desenvolvemento de todos.

Descarga o Programa de Loita

Colabora co PCTG

Se queres colaborar na campaña electoral, tamén podes descargar os carteis e pegalos no teu centro de traballo ou barrio.

As vosas ilustracións e deseños

Envía o teu deseño a info@pcte.es.

Se queres colaborar co PCTG, podes contactarnos aquí.

Contacta connosco